jueves, 27 de mayo de 2010

REFRÁNS DA AUGA

1 Auga en Marzo, canta quepa no regazo.

2 Augas verdadeiras, por San Mateo as primeiras.

3 Auga de tronada, nuns sitios chove e noutros nada.

4 Auga de agosto e sol de abril, fan tocalas huchas coma un tamboril.
   
5 Auga en Febreiro, fai palleiro.

6 Auga para herba , ainda que moita sexa.

7 Auga de torbón, en unha parte pan, e noutra non.

8 As augas de Febreiro enchen o graneiro.

9 Auga na entrada da lúa, ou moita ou ningunha.

10 Que chova, que neve, quen ten sede, auga bebe.

11 Xiada na lama, auga na cama; xiada no lodo, auga deica o cóbado.

12 Xia sobre lodo, auga sobre todo.

13 Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos pouca ou moita.

14 Auga de Abril, enche o carro e o carril.

15 Auga de Xaneiro, gábados cheos e altos medeiros.

16 Montelouro con touca, auga moita ou pouca.

17 Auga de Agosto, mata o mosto.

18 Auga en Marzo, nen o mexo dun rato.

19 Cando o tempo está de Ferrol, auga sen Sol.

20 Ceo aborregado, auga de contado.

21 Cando a auga falóu, dixo: dos moitos e dos poucos veñen os afoutos.

22 Neboeiro nos montes, auga nas fontes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario