jueves, 27 de mayo de 2010

CANCIÓNS POPULARES GALEGAS


Estas cancións que engado aquí non levan nin imaxe nen son pero si moitos sentimentos detrás dun pobo galego mariñeiro. A moitos non nos fai falla a letra para poder cantalas, así que ánimo de novo para afinar:
Catro vellos mariñeiros
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
Traio sardiña e bocarte
Tamén xurelo pequeno
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro. BIS
Ailalelo ...

O RODABALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
ESTRIBILLO
MALA CHISPA TE COMA,
MALA CHISPA CHE DE,
MALA CHISPA TE MATE AI AI IE
O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE O RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN
MOITO MIRAS PARA MIN
PASAR O ESTRIBILLO....
FORON A VEDELO A LONXA
FORON A VEDELO A LONXA
E CON MUITO DISIMULO
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO
PASAR O ESTRIBILLO....
AQUÍ ACABA A HISTORIA
AQUÍ ACABA A HISTORIA
DO FAMOSO RODABALLO
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
HOUBO QUE COMELO ASADO
PASAR Ó ESTRIBILLO...

A rianxeira
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
Ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo,
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen...
A Virxe de Gauadalupe
quen a fixo moreniña BIS
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS
Ondiñas veñen.
Na beira do mar
Ollos verdes son traidores, BIS
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e vedadeiros. BIS
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS
Hoxe vinte pasar a ría BIS
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola riberia BIS
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS
Cinco sentidos che temos, BIS
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar. BIS

Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría,
teño que cruza-lo mar.
Teño un amor en Rianxo
que non o podo olvidar.
Non te vaias mariñeiro
á beiriña do mar
porque o vento mareiro
dá moi bo navegar.
Se navegas pola ría
de Rianxo verás,
as estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario