miércoles, 26 de mayo de 2010

LENDA DO RÍO MIÑO

En homenaxe aos centros nos que estiven traballando que parecían seguir o curso do río Miño (Tui, Ourense, Lugo...) aquí queda unha lenda (traída por Álex) e fotos deste río:

A lenda do río Miño

Conta a tradición oral que personaxes mitolóxicos galegos habitaban na cunca do río Miño, tales como feiticeiras que vivían no mesmo río, os Xarcos que moraban nos pozos situados por toda a cunca e homes-peixe que eran anfibios con posibilidades de vivir tanto na terra como na auga.[]
Hay unha lenda que dí que cando navegabas polo río Miño, polos arredores de Arbo tiñas que levar unha pedra na boca para impedir que se poidera falar durante o traxecto, porque se non as feiticeiras meteríanse contigo.[]
En Santa Marta de Ribarteme realizase unha curiosa romaría, que consiste en que os que foron curados pola santa, saen en procesión, colocados nos ataúdes cos que serían enterrados se non interferira á santa.[]
Cando os románs chegaron á Península Ibérica pensaban que o río Miño era un río embruxado. Creían que detrais del, escondido entre a neboa, estaba o fin da Terra (finis-terrae), un enorme acantilado que os mandaría ao vacío.
                                                  O Miño en Tui
                                               A Ribeira Sacra

No hay comentarios:

Publicar un comentario