jueves, 27 de mayo de 2010

REFRÁNS DA AUGA

1 Auga en Marzo, canta quepa no regazo.

2 Augas verdadeiras, por San Mateo as primeiras.

3 Auga de tronada, nuns sitios chove e noutros nada.

4 Auga de agosto e sol de abril, fan tocalas huchas coma un tamboril.
   
5 Auga en Febreiro, fai palleiro.

6 Auga para herba , ainda que moita sexa.

7 Auga de torbón, en unha parte pan, e noutra non.

8 As augas de Febreiro enchen o graneiro.

9 Auga na entrada da lúa, ou moita ou ningunha.

10 Que chova, que neve, quen ten sede, auga bebe.

11 Xiada na lama, auga na cama; xiada no lodo, auga deica o cóbado.

12 Xia sobre lodo, auga sobre todo.

13 Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos pouca ou moita.

14 Auga de Abril, enche o carro e o carril.

15 Auga de Xaneiro, gábados cheos e altos medeiros.

16 Montelouro con touca, auga moita ou pouca.

17 Auga de Agosto, mata o mosto.

18 Auga en Marzo, nen o mexo dun rato.

19 Cando o tempo está de Ferrol, auga sen Sol.

20 Ceo aborregado, auga de contado.

21 Cando a auga falóu, dixo: dos moitos e dos poucos veñen os afoutos.

22 Neboeiro nos montes, auga nas fontes.

CANCIÓNS POPULARES GALEGAS


Estas cancións que engado aquí non levan nin imaxe nen son pero si moitos sentimentos detrás dun pobo galego mariñeiro. A moitos non nos fai falla a letra para poder cantalas, así que ánimo de novo para afinar:
Catro vellos mariñeiros
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
Traio sardiña e bocarte
Tamén xurelo pequeno
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro. BIS
Ailalelo ...

O RODABALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
NUNHA LANCHA DE MARÍN
COA PROA DE CARBALLO
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
CATRO RAPACES DA PUEBLA
UI AI AI, UI AI AI
ROUBARON UN RODABALLO
ESTRIBILLO
MALA CHISPA TE COMA,
MALA CHISPA CHE DE,
MALA CHISPA TE MATE AI AI IE
O PATRÓN QUE ALÍ MANDABA
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
ERA UN RAPAZ DE MARÍN
DICÍALLE O RODABALLO
UI AI AI UI AI AI
MOITO MIRAS PARA MIN
MOITO MIRAS PARA MIN
PASAR O ESTRIBILLO....
FORON A VEDELO A LONXA
FORON A VEDELO A LONXA
E CON MUITO DISIMULO
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
E QUEN O FOI A MERCARE
UI AI AI UI AI AI
A FILLA DO CACHIRULO
PASAR O ESTRIBILLO....
AQUÍ ACABA A HISTORIA
AQUÍ ACABA A HISTORIA
DO FAMOSO RODABALLO
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
QUE POR NO HABER ACEITE
UI AI AI UI AI AI
HOUBO QUE COMELO ASADO
PASAR Ó ESTRIBILLO...

A rianxeira
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
Ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo,
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen...
A Virxe de Gauadalupe
quen a fixo moreniña BIS
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña BIS
Ondiñas veñen.
Na beira do mar
Ollos verdes son traidores, BIS
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e vedadeiros. BIS
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS
Hoxe vinte pasar a ría BIS
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola riberia BIS
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar BIS
Cinco sentidos che temos, BIS
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña pra ir a navegar. BIS

Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría,
teño que cruza-lo mar.
Teño un amor en Rianxo
que non o podo olvidar.
Non te vaias mariñeiro
á beiriña do mar
porque o vento mareiro
dá moi bo navegar.
Se navegas pola ría
de Rianxo verás,
as estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar

REGUEIFA: DE TODO UN POUCO


ALEX
Auga levan os mares,                                  
auga levan nos ríos.
Pequenos, grandes,
todos co mesmo camiño.
XOEL
Ben o vé maruxaina
en días de sufrimento,
Ben o vé
en días de acompañamento.
ALEX
Cando a auga cae do ceo,
vanse os barcos boniteiros,
ninguén queda na casa,
van despedir aos mariñeiros.
XOEL
Día de treboada,
mariñeiro sen carnada,
día de trabón,
río sen salmón.
TODOS
Cando auga hai na Terra
nadie a espera.
Pero cando desaparece
todo o mundo a quere.
ALEX
Praia sen auga,
o inferno agarda.
Peixes desolados,
mares acabados.
XOEL
Sen auga non se vive,
a auga é vida
e moi importante
pero dela o mundo se olvida.
ALEX
Se a auga se vai
morremos de sede
e nadie sobrevive,
á gran apocalipse.
XOEL
A fala da auga,
Nunca tivo tempos escuros.
A fala galega,
Tivoos duros.
TODOS
Cando hai auga na Terra
nadie a espera.
Pero cando desaparece,
todo o mundo a quere.

INUNDACIÓN (Álex)

Cando chove auga cae                                  
e moita debe caer para
as alcantarillas poder encher
e asi unha inundación acabara
por facer.

A LENDA DA FONTE DA ZAPATA


Catedral de San Martiño de Mondoñedo

A LENDA DA FONTE DA ZAPATA
A este dono “San” Gonzalo atribuenlle que volvera a fluir a Fonte de "A Zapata", s.XI, con augas curativas, polo “milagroso” procedemento de tirar unha zapatilla contra a rocha, para espantar a Lumia que tiña retido o manantial porque os cristiáns levantaran o templo xunto a súa fonte. Extrano proceder para un obispo cristián, posto que recorda procedementos dos aquilegus e tempestarii, zahoríes celta-románs, que así alexaban as tormentas e atraían o agua da choiva. E acabamos de ver como “san” Gonzalo actuou de tempestarii, creando a tormenta que impidiu a invasión vikinga... ¿Será por iso que só é santo “popular” e non “oficial”? Durante séculos as xentes viñeron por esta auga da Lumia, incluso dende sitios moi distantes, ou lonxevos. Debido á fama de máxico-milagroso-curativas que gozaban.

A CORUÑA

Este curso antes de vir para Burela estiven nun instituto da Coruña. Deixo aquí unha pequena homenaxe á auga desa cidade herculina:

Fotos do proxecto nas aulas de 1º de ESO

Dende as aulas de 1º vese o mar.

Mural de 1ºB "As verbas da auga"


A "Casa da Auga" de 1º A