martes, 1 de junio de 2010

A FONTE DA RENIEGA


Según conta unha vella lenda recollida por Juan Ramón Corpas, aquí apareceuselle o demo en forma de aposto mozo a un sedento camiñante que subía o porto en pleno verán.O demo lle ofreceu a posibilidade de refrescarse e de beber se renunciaba a Deus, pero o peregrino rechazou a oferta. Entón, o demo lle volveu a tentar, suxirindo que tal vez bastaría con renunciar á Virxen María para recibir o preciado líquido. Tampouco aceptou esta vez o camiñante. Como última oferta, Satanás apuntou que bastaría con renunciar do apóstol Santiago para conseguir o auga. Pero o peregrino rehusou de novo a tentación e púxose a rezar pidindo axuda ás alturas.Entón, o mozo diabólico desapareu entre unha nube de azufre, e no seu lugar apareceu a cristalina fonte, onde saceu a sua sede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario