jueves, 3 de junio de 2010

De despedida con Rosalía de Castro

Texto aportado por Xoel e unha das fotos é de José Manuel, así se despide "luz infinda" de Burela.

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

1 comentario:

  1. Qué bonitas fotos e qué texto tan oportuno. Eu non diría que é unha despedida, senon un punto de encontro.
    Ademáis, a luz infinda é a que nunca deixa de brillar, así que te seguiremos onde vaias alumar.

    ResponderEliminar